martes, 27 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

BO NADAL CON BERROGÜETTO

A figura do apalpador, rescatada para a felicitación de nadal de Berrogüetto. A tarxeta vai acompañada dunha fermosa canción inédita que podedes escoitar pinchando aquí:


FELICES FESTAS ;-)

martes, 20 de diciembre de 2011

CUNCAS PLANETA MINCHA

Edición limitada de 50 cuncas da miña marca Planeta Mincha, serigrafiadas no taller de Xulia Barros. Podedes mercalas na web de Demo Editorial e na tenda Gaolo Artesanía en A Coruña.
Axiña que xa quedan poucos!!
Prezo: 10 euros.

domingo, 11 de diciembre de 2011

MENÚ VEXETAL





Acabo de rescatar, entre carpetas, este proceso de traballo para MENÚ VEXETAL, un musical de teatro e danza para público infantil, da compañía Disquedanza. Estás son algúns anotacións con algúns dos bocetos e notas enviados á compañía durante o proceso creativo do que tamén deseñei a escenografía no 2006. Unha experiencia moi divertida debuxar aos seres vivos da horta.

martes, 8 de noviembre de 2011

POLBO MINUSVÁLIDO

Para señalizar o baño de minusválidos na nova Pulpeira de Melide (Praza de España, A Coruña).

martes, 11 de octubre de 2011

lunes, 12 de septiembre de 2011

DOUS NOVOS TÍTULOS DA SERIE "DIARIO DE PICHÜK"



Nos próximos días estarán á venta dous libros máis da marca Planeta Mincha dentro da serie Diario de Pichük, editada por Everest.
Nesta pequena promo podemos ver un anticipo de varias das imaxes de "O agradecido zigüt", na que Pichük e máis Riböt arriscarán a súa vida na procura dunha nova especie que tan só se atopa nunha das rexións máis inaccesibles do planeta.

"A aventura da ciencia, convírtenos en heroes do coñecemento"
Vello proverbio hirflö.

sábado, 6 de agosto de 2011

NOVAS AVENTURAS DE PICHÜK

Un gusanöt avanza lentamente polo deserto de Aridöndia. Inconsciente dos perigos que este árido territorio pode ofrecer. Un deles é o ataque da coñecida "rodadeira de Aridöndia", o lampönak.
"O temible lampönak" é un dos dous novos libros ilustrados de Diario de Pichük que serán publicados por Everest Galicia a finais deste ano. O científico máis prestixioso do Planeta Mincha, regresa con dúas novas investigacións sobre a fauna do seu planeta . Dúas misións levadas a cabo nas rexións de Hëlüs e Aridöndia respectivamente, nas que unha vez máis poñera a súa vida en perigo por mor da súa curiosidade científica. Sempre xunto ao seu inseparable robot Riböt.




viernes, 15 de julio de 2011

PEPE VIYUELA MANICÓMICO

Que luxo. Pepe Viyuela posando xunto a un dos meus carteis. A foto e cortesía dos colegas manicómicos.

jueves, 14 de julio de 2011

CARTEL XII FESTIVAL MANICÓMICOS

Achégase en balsa pola baía da Coruña unha edición más do festival manicómico. Unha imaxe renovada e distinta, deixando algúns elementos de deseño dos carteis anteriores. O que máis me gusta de facer a imaxe deste festival é que comenzo a divertirme durante o proceso e cando remato o cartel aínda me quedan por diante todos os espectáculos. Un pracer poder facelo unha edición máis e cun sorriso na cara. Non vós perdades o festival.

miércoles, 29 de junio de 2011

XOGO "O GALEGO MEDRA CONTIGO"


Aí vai un dos traballos máis recentes. Un xogo de dinamización da lingua galega, editado por Demo para o Concello de A Coruña a través da Concellaría de Solidariedade, Mocidade e Normalización Lingüistica.
Unha peza para repartir entre os nenos coruñeses dentro da campaña de promoción da lingua que levaba o mesmo nome e aglutinou diversas actividades. Neste caso é un xogo con cinco modalidades de competición diferentes, todas elas de axilidade e percepción visual. Consta de 150 fichas de 75 modelos diferentes, dúas de cada modelo.

É un traballo moi agradecido e divertido deseñar xogos. Este xa non é o primeiro nin será tampouco o derarradeiro que faga.

lunes, 20 de junio de 2011

NOITE DE CINE 2011

Un ano máis, os amigos de IB Cinema, confiáronme o cartel do ciclo de cinema de rúa "Noite de Cine", que organizan coa Deputación da Coruña. Neste caso o tema de fondo é o Mosteiro de Caaveiro, na Fraga do Eume, un entorno que está entre os meus rincóns naturais favoritos. De feito cando me suxeriu Ignacio Benedeti o tema, pareceume unha excusa estupenda para reencontrarme unha vez máis cun dos poucos lugares que quedan na provincia da Coruña onde atopar fauna e a flora autóctona. Xa está ben de tanto eucalipto!

martes, 24 de mayo de 2011

miércoles, 18 de mayo de 2011

INEPLAN

video

Este é un video de presentación que fixen para a plataforma INEPLAN. Adícanse a organizar eventos on-line. A idea era facer un video sinxelo que explique para que sirve e de que formas se pode facer uso dos servizos que ofrece a súa web mediante unha serie de animacións sinxelas. A música tamén e de colleita propia.

Pinchando aquí, podedes ver o video con máis resolución.

jueves, 7 de abril de 2011

"CHAMÁDEME SIMBAD" PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

O tandem feito con Francisco Castro volve a rexurdir con éxito. "Chamádeme Simbad" acadou esta semán o Premio Frei Martín Sarmiento. Arredor de 2400 escolares galegos elixen os dous mellores libros do ano. É a segunda vez que un libro que facemos xuntos leva este premio, o outro foi "Un Bosque Cheo de Faias".

jueves, 31 de marzo de 2011

DIARIO DE PICHÜK promo

Este é o video que realicei para a serie DiaRIo de PiChüK. Paseino pipa, especialmente facendo a música. Para setembro haberá dous novos títulos da colección no mercado. Ademáis, antes do remate deste ano sairá editada unha novela gráfica ambientada tamén no PläNeTä MÏNchA, titulada DesTinO HëRGüSS, con algunha que outra sorpresa incluída.

Este fin de semán presentarei o proxecto no festival da industria cultural galega ACHEGARTE, en PALEXCO (A Coruña). Por se alguén quere pasarse, a presentación é o sábado ás 13:45 h.

Por certo, o video pódese ver a máis resolución na canle de Demo Editorial en youtube.

Mïncha Mïncha Minchök!!!

video

martes, 1 de marzo de 2011

"CHAMÁDEME SIMBAD" NA LISTA DE HONRA DO IBBY

Moi de cando en vez e cando un non o espera, chegan boas novas. En tempos nos que hai que remar duro contra a crise e o traballo non abunda máis alá do horizonte dos cartos que axudan a pagar hipotecas, hai outros tesouros non pecuniarios máis dignos de ser encontrados, como o atopado na viaxe dalgún neno chamado Simbad.
Francisco Castro lanzou unha botella ao mar hai un tempo e convidoume a ilustrar as palabras que ían dentro, cousa que me encantou. Hoxe chamoume para dicirme que aquel libriño foi encontrado moi lonxe das augas galegas, cousa que me volveu a encantar, e agora está a salvo na Lista de Honra do IBBY para 2012.
Para mín é un libro moi especial xa que fala dunha enfermidade que no momento no que fixemos o libro, apareceu en alguén da miña propia familia. Alégrome de acompañar a Francisco neste libro que tan boas novas está dando. E alégrome de que o seu texto leve esta mención.

lunes, 28 de febrero de 2011

jueves, 27 de enero de 2011

EXPO OS LOBOS DE MOECHE NA CORUÑA

Mañán, venres 28 de xaneiro, inaugurase na Libraría ENDO (Rúa Entrepeñas, A Coruña) unha pequena mostra de reproduccións, lápices e tintas de pranchas do album Os Lobos de Moeche. Os cadros expostos estarán á venta, hai que buscar fórmulas para salvar a crise.
Ademáis vanse a proxectar varios videos relacionados có libro ademáis da típica sesión de sinaturas para que quen queira mercalo album e levalo customizado.
Non pensei que este album fose a dar tanto que falar cando o fixen. Todo o interese que levanta segue a ser un misterio para mín, iso si, un grato misterio.