Ultimamente vivo rodeado de piratas, curiosamente os colegas manicómicos me encargaron este novo cartel para a súa Gala de Aniversario onde a temática principal serán os piratas. Esta vez a Torre de Hércules luce o seu lado máis salvaxe para anunciar o esxpectáculo que terá lugar o día 8.
martes, 28 de diciembre de 2010
A TORRE PIRATA
Ultimamente vivo rodeado de piratas, curiosamente os colegas manicómicos me encargaron este novo cartel para a súa Gala de Aniversario onde a temática principal serán os piratas. Esta vez a Torre de Hércules luce o seu lado máis salvaxe para anunciar o esxpectáculo que terá lugar o día 8.
viernes, 10 de diciembre de 2010
A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO



jueves, 2 de diciembre de 2010
CUBERTA REVISTA BIBLOS

Esta é a imaxe de cuberta para o número da revista Biblos que pecha este ano. Cando me pediron que a fixese, pensei que podería quedar bonito rendirlle homenaxe a Stevenson no ano do 160 aniversario e xa postos á literatura de piratas e máis concretamente a algúns libros que me gustaron deste xenero e doutros. De ai este especial tesouro que nunha illa deserta ben vale máis que un feixe de moedas de ouro.jueves, 7 de octubre de 2010
DIARIO DE PICHÜK: AS MINCHAS DE ARIDÖNDIA



Tiña pendente falar, desde hai un tempo da segunda entrega da serie Diario de Pichük, ambientada no Planeta Mincha. Despois dun album iniciático onde se presenta a Pichük ("Quen é Pichük"), o segundo título "As minchas de Aridöndia" supón o relato que este científico hirflö nos conta sobre a súa investigación en Aridöndia, onde estudou o comportamento da especie que lle da nome ao seu planeta, as minchas de Aridöndia.miércoles, 4 de agosto de 2010
X FESTIVAL MANICÓMICOS
...E ATA AQUÍ PODO LER
Como se pode comprobar, non todo vai a ser debuxar, un pouco de traballo físico axuda a baixar da nube na que vivimos os tolos da creatividade. E así fixemos a miña amiga Almudena Aparicio e máis eu nesta cadea de montaxe de catálogos da AGPI. Para que así conste aí vai este pequeno e delirante microfilm que non puido producir Spielberg porque a semán que o fixemos tiña a gripe A.
Os catálogos, en forma de pantonario feito con pmarcapáxinas, poderánse adquirir no stand da AGPI, durante o Viñetas desde o Atlántico, a vindeira semán e todas as ilustracións que conteñen, forman parte xa dunha exposición inaugurada hai un par de días na Sala Municipal de Durán Loriga en A Coruña. Permanecerá ata finais deste mes.
sábado, 31 de julio de 2010
NOROESTE POPROCK 2010
miércoles, 14 de julio de 2010
NOITE DE CINE 2010
sábado, 10 de julio de 2010
LAGARTO PINTADO


Para celebralo Día Internacional do Libro Infantil, GALIX, en colaboración coa Xunta fai tódolos anos unha campaña promocional editando dous libros para diferentes sectores de idade. A colección chámase lagarto Pintado e úsase para agasallar a todos aqueles que mercan un libro ese día.miércoles, 9 de junio de 2010
DIARIO DE PICHÜK: QUEN É PICHÜK?
Xa están nas librarías os dous primeiros títulos da colección Diario de Pichük, ambientadas no meu universo particular Planeta Mincha. O primeiro libro presenta a Pichük, un científico destinado a adicala súa vida a investigar as diferentes especies do seu peculiar planeta.Neste caso, as historias van destinadas ao público máis pequeno, a partir de 5 anos. Unha visión desde un prisma diferente das cousas que pasan neste planeta imaxinario, que como o noso propio, nin é un planeta para nenos, nin é un planeta para adultos, simplemente é un planeta que ben podería ser visto pola mirada inocente dos primeiros ou a trastornada e enfermiza visión dos segundos.
Disfrutadeo desde o punto de vista que queirades.
PLANETA MINCHA NA TVG
Mañá, xoves 10 de xuño serei entrevistado no programa matinal da TVG para falar deste proxecto e desvelar dalgúns do seus misterios sen resolver, ou non. A cita será a eso das 11:10.
Espérovos ao outro lado da pantalla.
martes, 4 de mayo de 2010
PLANETA MINCHA NA REVISTA "DOS VECES BREVE"
Esta semán sae a venta o nº21 da revista "Dos Veces Breve", onde aparecerán dúas entregas da miña serie Planeta Mincha Xeográfico, que anteriormente foran publicadas en galego na revista Viralatas. A revista presenta un número moi completo onde aparecerán tamén historietas de: Jorge García y Andrés G. Leiva, Ken Niimura, Luciano Saracino e Infame & Co., Diego Blanco, José Pablo, Pedro Osés, Rafa Infantes, P. Álex, Joaquín Resano y Simonides y Álex Romero y Lola Sánchez.Non deixedes de mercala.
Dos Veces Breve nº 21
52 páginas Color y blanco y negro
Rústica 30 x 21,5 cm
PVP: 5,95 €
lunes, 26 de abril de 2010
MARCAPÁXINAS PLANETA MINCHA
A AGPI ven de editar unha colección de marcapáxinas de autores galegos de título E ATA AQUI PODO LER...O meu deseño é un fragmento dunha das ilustracións do primeiro libro da colección Diario de Pichük, ambientada no meu universo particular "Planeta Mincha" e que se poderá mercar nas librarías en cousa de poucos días.
Estes marcapáxinas xa se estiveron distribuíndo na Feira de Boloña e tamén na do libro que se celebrou a pasada semán en A Coruña.
Por certo, a frase que aparece no centro do marcapáxinas está escrita en idioma hirflö, un dos idiomas oficiais do Planeta Mincha. Que quererá dicir?
jueves, 22 de abril de 2010
CALENDARIO DA FUNDACIÓN CEO

Os calendarios quedaron moi ben impresos e tamén fixeron unha edición de láminas con cada ilustración. Este tipo de proxectos sempre son agradecidos aínda que xusto sendo un calendario me chegase fora de data polo que desde aquí quero darlle as grazas a David por convidarme a colaborar.
lunes, 8 de marzo de 2010
DO A AO Z CON CASTELAO




Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.jueves, 4 de marzo de 2010
jueves, 25 de febrero de 2010
lunes, 15 de febrero de 2010
martes, 19 de enero de 2010
PREMIO PARA "CHAMÁDEME SIMBAD"

.jpg)








