Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.
O libro pertence a unha colección de Everest que pon as voces de escritores clásicos nas doutros contemporáneos. Neste caso tiven o pracer de ilsutrar por segunda vez a Concha Blanco coa que xa traballei en conxunto na novela Nano.
Do A ao Z con Castelao, contén 23 textos ilustrados, un por cada letra, artellados todos arredor de palabras significativas na vida e obra de Castelao. Para mín foi un exercicio de estilo no que intentei buscar a sinxeleza e a síntese xa que ese era unha das ferramentas básicas do autor cando facía ilustración. Cabe dicir que a liberdade creativa que me ofrece Everest cando traballo con eles é unha das maiores axudas que pode recibir un creador porque cando un traballa limitado por esixencias artísticas polo xeral ese reflictese negativamente nos resultados.
A creación canto máis libre e con menos prexuizos, máis favorecida.
Espero que o meu traballo sexa todo o digno que merece a ocasión e máis cando os textos de Concha Blanco son fantásticos e amosan o seu bo coñecemento sobre a obra deste xenio de Rianxo.
6 comentarios:
Preciosas.
Como logras tanto con tan poco!!
Gracias, Mikel por estar siempre ahí.La verdad es que cada vez me preocupa más eso de contar lo máximo con los mínimos trazos posibles. Me cuesta más hacer ilustraciones de este tipo que otras que tienen más elementos de dibujo y me he declarado unha especie de autoguerra con este asunto.
Un fuerte abrazo;-)
Se Castelao levantara a cabeza esrtaría feliz de ver as tuas suxerentes ilustracións.Tamén de ver tantos herdeiros gráficos como os que hoxe temos en Galicia.
Unha aperta.
Concordo cos anteriores comentarios, parabéns, polas ilustracións, especialmente por esta última con eses cadáveres tan futboleiros, a min lembroume as Memorias dun esquelete.
Saúdos.
Qué ilustraciones tan bonitas, sobre todo la última de los esqueletos.
Supongo que ilustrar sobre Castelao es además de un gustazo, un compromiso, ya que como dices era dios, pero tú no andas manco.
Qué pena que en los blogs no se sirva de beber no?
Besos.
Gracias por los comentarios Pio, Profa y Pelorroto.
...y si que es una pena que los blogs no tenga servicio de bar ;-)
Publicar un comentario