Como se pode comprobar, non todo vai a ser debuxar, un pouco de traballo físico axuda a baixar da nube na que vivimos os tolos da creatividade. E así fixemos a miña amiga Almudena Aparicio e máis eu nesta cadea de montaxe de catálogos da AGPI. Para que así conste aí vai este pequeno e delirante microfilm que non puido producir Spielberg porque a semán que o fixemos tiña a gripe A.
Os catálogos, en forma de pantonario feito con pmarcapáxinas, poderánse adquirir no stand da AGPI, durante o Viñetas desde o Atlántico, a vindeira semán e todas as ilustracións que conteñen, forman parte xa dunha exposición inaugurada hai un par de días na Sala Municipal de Durán Loriga en A Coruña. Permanecerá ata finais deste mes.
6 comentarios:
Menudo curre Manel! (e máis Almudena). Eu xa vira algún pantonario montado cando estiven ahí atrás no estudio Baobab que tiñan un par deles de mostra.
Pola música da curtametraxe parece que o traballo foi un auténtico pesadelo, no? jeje.
Pois nada, noraboa polo traballo e gracias!
Verémonos en "Viñetas"
Foi duro sí, pero todo se leva ben con boas doses de humor e coa teima de facelo video aínda botamos unhas risas.
Vémonos entón!!!
Apertas
chollazo meus!...
espera, deixame que lembre... non foras ti quen dixera que o presuposto para a montaxe era moi caro?
X-DDDDDDDDDDD
barato de mais, visto o visto!!
parabens a ALmu e a ti
hahaha!!...e sigue sendo. Se nos poñeramos entre 10 persoas o faciamos nun día e logo nos metiamos unha boa cea cuns litros de viño e listo. Pero ben que vos custa a todos levantar o cú da silla. hahaha!!
Imaxínate o video que sairía de aí, 10 montando a toda pastilla... veriamos máis extras que nas de Samuel Bronston.
Apertiñas!!! ;-)
Xa recibín o meu, vaia traballeira que vos metéstedes, moitas gracias Manel(e compañía):)
Yo estoy más contenta con el mío :)
Aquí también fue un curro encuadernar todo eso.
Publicar un comentario