Francisco Castro lanzou unha botella ao mar hai un tempo e convidoume a ilustrar as palabras que ían dentro, cousa que me encantou. Hoxe chamoume para dicirme que aquel libriño foi encontrado moi lonxe das augas galegas, cousa que me volveu a encantar, e agora está a salvo na Lista de Honra do IBBY para 2012.
Para mín é un libro moi especial xa que fala dunha enfermidade que no momento no que fixemos o libro, apareceu en alguén da miña propia familia. Alégrome de acompañar a Francisco neste libro que tan boas novas está dando. E alégrome de que o seu texto leve esta mención.
5 comentarios:
noraboas!!!
;-)
Felicidades, Manel!!!!
Graciñas amigos, a mención é para o escritor pero polo feito de telo ilustrado me alegro moito. Sempre que fago algún libro con Francisco me levo moi boas novas.
Hola Manel Craneo que tal estas
All right, estimado anonimous :-)
Publicar un comentario