jueves, 31 de marzo de 2011

DIARIO DE PICHÜK promo

Este é o video que realicei para a serie DiaRIo de PiChüK. Paseino pipa, especialmente facendo a música. Para setembro haberá dous novos títulos da colección no mercado. Ademáis, antes do remate deste ano sairá editada unha novela gráfica ambientada tamén no PläNeTä MÏNchA, titulada DesTinO HëRGüSS, con algunha que outra sorpresa incluída.

Este fin de semán presentarei o proxecto no festival da industria cultural galega ACHEGARTE, en PALEXCO (A Coruña). Por se alguén quere pasarse, a presentación é o sábado ás 13:45 h.

Por certo, o video pódese ver a máis resolución na canle de Demo Editorial en youtube.

Mïncha Mïncha Minchök!!!

3 comentarios:

Yago García dijo...

Xenial o video promocional Manel! E a música vaille ó pelo!

Moita sorte con estes proxectos ;)

belatz dijo...

Una chulada!!!

manel cráneo dijo...

Graciñas!!