martes, 23 de octubre de 2012

A TORRE DOS MOUROS

Aí van dúas páxinas do meu novo cómic-book que sairá publicado en cuestión de días por Demo Editorial.
"A Torre dos Mouros" é un proxecto que me ten enganchado desde o primeiro momento no que Manuel Gago me propuxo participar. Creo tamén que é un proxecto sen precedentes en Galicia, no que a través dunha historia de ficción, con personaxes anónimos, se manifesta mediante o cómic unha hipótese histórica e arqueolóxica sobre o posible uso desta fortaleza. Un lugar que agocha certos enigmas en torno á súa estrutura arquitectónica. O lugar, parece lembrar algúns aspectos da cultura castrexa máis con outras características diferenciadoras que fan que o equipo técnico se decantase por situala na alta idade media.
Aínda que estamos a falar dunha publicación nun formato estilo comic-book, moi curta, de 12 páxinas, creo que serán 12 páxinas intensas onde intentei fiar coa ficción unha reconstrucción do que podería albergar no seu tempo este xacemento.

Se che interesa o asunto podes obter máis información no propio blog de Manuel Gago, o meu asesor histórico neste proxecto xunto ao arqueólogo Antón Malde. Con eles hei recoñecer que disfrutei en grande ao longo deste proceso creativo e me facilitaron pautas fundamentais para conseguir facer unha pequena historia fundamentada, como eu procuro sempre, na busqueda da coherencia e no intento de comprensión, neste caso, de como era o funcionamento social dunha época onde as fronteiras de Galicia lindaban coa ameza pagana dos vikingos polo norte e a musulmana polo sul.
Un momento, delicado, no que o cristinianismo peninsular tiña o seu epicentrro en Compostela e polo tanto esta era un tesouro ambiciado por uns e por outros.
Unha Galicia que vivía en liberdade pero coa fraxilidade de estar entrambas ameazas. O auténtico protagonista desta historia é o propio pobo de Lira, ubicado nesta fronteira cultural, social e relixiosa e polo tanto exposta aos máis terribles perigos.

Máis info no blog de Manuel Gago, na web de Torre dos Mouros e no propio de Demo Editorial.


No hay comentarios: