jueves, 6 de agosto de 2015

MAKING OFF CARTEL "XV FESTIVAL MANICÓMICOS"

O TEMA
A idea era meter aos personaxes das obras que presenta cada compañía participante nesta edición do festival. O motivo de fondo que propuxen para esta edición é o Obelisco. Para variar un pouco da recurrencia clásica á Torre de Hércules elexín este monumento do modernismo coruñés xa que é unha das  localizacións a pe de rúa onde se celebra este festival. Desde sempre vin no Obelisco unha das máis representativas e recoñecibles iconas da miña cidade.

O DESARROLLO

Na primeira fase, de boceto a lápiz, aparecen elementos que logo foron descartados para gañar espazo na composición final como a bruxa que voa máis alto. Por outra banda falta o personaxe de laranxa ("Psicópata") que logo debuxei na versión a tinta pero unha vez escaneada xa no ordenador pois non tiña a información gráfica para facelo cando estaba na fase de lápiz. Un remendo que encaixou ben a pesar de que non existe na tinta real xa que ese "elemento", e nunca mellor dito, foi trazado en photoshop.



Despois de encaixar o boceto a lápiz coas conseguintes revisións e correcións que vou falando coa persona que coordina esta parte do festival para pulir detalles e paso a entintar o debuxo sobre un novo papel na mesa de luz. Nesta fase tomei a decisión de eliminar outro elemento, a carpa de circo, para gañar máis ar e espazo na composición final e que quede todo menos afogado unha vez integre os textos.

O seguinte paso é a fase dixital. Unha vez escaneado en diferentes capas vou traballando a cor, estudando a paleta, iluminando cunha capa de sombras e metendo horas de traballo ata que quedo satisfeito coa ilustración. Neste tramo de traballo é onde integro tamén algúns elementos como as nubes, algúns detalles de liñas cinéticas.

A fase dixital sempre me leva bastante máis do planexado xa que a posibilidade de xogos de paletas de cor que se poden aplicar abre sempre un mar de dúbidas e un campo de probas ao que hai que saber por punto e final. Polo xeral deixo que a propia ilustración me fale e me conte o que quere.


Simultáneamente, vou traballando tamén probas deseño duarnte o proceso para calcular os espazos dos textos e elementos de deseño que hai que integrar na composición. Fixen unhas cantas versións diferentes de maquetación dos textos, probei bastantes tipografías, cores, etc; ata que chego ao resultado final.


No cartel hai un código QR incluído para evitar poñer toda a carga de datos da programación e que sexa máis lexible. Mediante o uso deste código a xente pode descargar directamente o díptico informativo coa programación nos seus dispositivos móbiles. 
Espero que o disfrutedes!!

1 comentario:

MistakeJhonny dijo...

"BOLA PELANGI - BANDAR MIX PARLAY TERBESAR DI INDONESIA HANYA DENGAN 1 USER ID SUDAH BISA BERMAIN SEMUA GAME.
Join US ! klik link di bawah ini ?
Prediksi Bola dan Togel
Bola Online
Mix Parlay
Link Altenatif Bola Pelangi
Bandar Bola "