Onte o xornal La Opinón agasallou aos seus lectores coa derradeira lámina da colección
A Coruña mirada con Arte na que participamos catro ilustradores, cunha ilustración semanal cada un de luns a xoves e durante un mes. Os compañeiros de aventura foron os colegas Fernando Llorente, Marcos Calo e Santy Gutiérrez. O resultado desta colección se alonxa bastante da típica serie de láminas que aparecen polo xeral cos xornais xa que non están feitas desde unha perspectiva técnica clásica como o debuxo artístico, a litografía, etc; senón desde a mirada da ilustración. As que fixen eu son dalgunha maneira unha pequena mostra dalgúns lugares e zonas da cidade herculina que dalgunha maneira están ligados as miñas raices coruñesas. Aínda que non se repartiron seguindo un orde cronolóxico, as miñas terían este:
A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.
O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.
A Casa das Ciencias, onde eu correteaba durante a miña primeira infancia.
Os canones que están diante do xardín de San Carlos, dando un gran salto no tempo ata a miña xuventude, foron testigos de longas noites de punk-rock e botellón, na época na que as tribus urbanas impoñiamos a nosa propia lei nas rúas.
O Obelisco é a miña reivindicación sobre un elemento moi representativo da Coruña, que vive á sombra da famosa Torre de Hércules máis representa unha parcela concreta dentro da historia da cidade que é ben atractiva.
5 comentarios:
Que buenas estas ilustraciones. Me gusta la idea del proyecto.
Abrazos desde Bilbao
Gracias , Dani, aprovecho para linkarte desde aquí. Abrazos.
Pues sí, me han gustado mucho las ilustraciones. Me han traído además muchos recuerdos.
Abrazos también desde Bilbao.
manel, és o desenhador que melhor retrata corunha! sem rival. nom é só o desenho em si, é o "feeling" de todas estas estampas que tantas vezes pateamos ^__^
kb
Me encanta esta serie. Una mirada no solo con arte, sino también talento especial.
Publicar un comentario