


Onte domingo, tarde de choiva, estaba tomando un cafeliño a media tarde polo mundo adiante e díxenlle a miña moza: "vou a botarlle unha ollada a La Opinión, a ver que viñeta fixo hoxe Santy". E sen ningunha outra pretensión, tan só coa intención de ver a viñeta diaria do meu colega, collín o xornal na barra. E casualidades da vida, atopeime cunha gran sorpresa, nada máis e nada menos que a viñeta que acompaña esta entrada, adicada a un servidor e recomendando a lectura do meu album. Graciñas, Santy, por alegrarme a tarde de choiva e sobre todo pola túa amizade. Eu tamén aconsello que non deixedes de ler as súas divertidas viñetas.

Hai uns meses estiven a facer probas, buscando novos rexistros de debuxo para libro infantil. Sairon cousas deste tipo, algo moi cercano en estilo ao que será o meu primeiro album ilustrado para os máis novos e que sairá dentro deste mesmo ano publicado por Everest e sobre un texto da miña colega Cristina González (Pupi).
Xa está na rúa Chamádeme Simbad, unha novela que ilustrei para Galaxia e que está escrita por Francisco Castro. É a nosa segunda colaboración xuntos, antes foi Un bosque cheo de faias (Everest). As dúas novelas teñen transfondo social, o racismo e o alzheimer. Polo xeral, síntome moi cómodo e sobre todo útil cando me tocan traballos deste tipo por todo o que realmente significan. Ademáis foi un pracer traballar de novo con Francisco.
Estiven todo o mes de abril facendo presentacións e aínda queda algunha máis por concertar. A verdade e que paseino pipa estes días encontrándome cunha morea de xente, amigos e tamén moitos descoñecidos que se foron achegando ás presentacións. Tamén quero destacar o trato que me brindaron os amigos libreiros, sentínme en cada unha das presentacións como na miña propia casa.
¡¡Hoxe as sete e media primeira presentación de Os Lobos de Moeche na FNAC!! Máis información e extras do album no blog da editorial http://demoeditorial.blogspot.com
Rematei esta mesma tarde o cartel do VII Festival Manicómicos de teatro, este ano a gala terá tono rockanroleiro e estará amenizada pola banda Rockers Go To Hell. Entre os participantes deste ano estará o gran Pepe Viyuela ademáis dos colegas San&saN e outras compañías de primeira liña. A cousa promete.
