
.jpg)
Estes días a web Fervenzas Literarias, un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, facía públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado. Chámademe Simbad, ilustrada por mín sobre un precioso texto de Francisco Castro levou o premio para o mellor libro infantil.
Ademáis a cuberta do libro quedou de cuarta no apartado de mellor cuberta e eu de quinto na selección dos mellores ilustradores de 2009. É o segundo libro que ilustra de Francisco Castro e xa nao anterior (Un bosque cheo de faias) lle derán o premio Frai Martín Sarmiento. Os dous premios os otorgan os lectores e creo que é de agradecer que sexan eles mesmos os que elexiran estes libros.
A verdade é que non me esperaba nada isto ou sexa que hoxe teño motivos para estar contento e tamén unha boa excusa para colgar algo no blog porque o tiña abandonado desde hai uns meses.


Xa está en marcha a campaña de dinamización do galego Contos para falar, de editorial Edebé. A campaña levará por máis de cincuenta escolas galegas un espectáculo con música e contos e eu fun o encarregado de facela imaxe do proxecto. Cartelería, lonas e deseño dun cd que leva a bso do proxecto. A música corre a cargo do meu colega Fernando Esclusa que é tamén un dos produtores da campaña.




















