Hai un ano fixen unha imaxe para o Concello de A Coruña que se utilizou para o cartel do concerto Rock no Camiño. Este ano pedíronme reutilizala para o Noroeste Pop Rock. Agora haberá que esperar un tempo xa que non hai dous sen tres.
sábado, 31 de julio de 2010
NOROESTE POPROCK 2010
Hai un ano fixen unha imaxe para o Concello de A Coruña que se utilizou para o cartel do concerto Rock no Camiño. Este ano pedíronme reutilizala para o Noroeste Pop Rock. Agora haberá que esperar un tempo xa que non hai dous sen tres.
miércoles, 14 de julio de 2010
NOITE DE CINE 2010
sábado, 10 de julio de 2010
LAGARTO PINTADO


Para celebralo Día Internacional do Libro Infantil, GALIX, en colaboración coa Xunta fai tódolos anos unha campaña promocional editando dous libros para diferentes sectores de idade. A colección chámase lagarto Pintado e úsase para agasallar a todos aqueles que mercan un libro ese día.Este ano encargáronme a mín facer unha das cubertas, a do libro destinado a rapaces de 11 anos en adiante. Nesta ocasión comparto espazo con varios amigos porque un dos textos é do colega Francisco Castro e o imagotipo da colección e doutra persona á que lle teñó moito agarimo, Xan López Domínguez.
A idea que me plantexou Manolo Figueras, tamén colega e coordinador do invento, era facer a miña versión dun lagarto pintado e saliume esta criaturiña coa que quedei moi contento. Creo que a composición para a cuberta e contracuberta do libro funciona realmente ben e reflicte tamén o divertido que resultou facer este traballo.
miércoles, 9 de junio de 2010
DIARIO DE PICHÜK: QUEN É PICHÜK?
Xa están nas librarías os dous primeiros títulos da colección Diario de Pichük, ambientadas no meu universo particular Planeta Mincha. O primeiro libro presenta a Pichük, un científico destinado a adicala súa vida a investigar as diferentes especies do seu peculiar planeta.Neste caso, as historias van destinadas ao público máis pequeno, a partir de 5 anos. Unha visión desde un prisma diferente das cousas que pasan neste planeta imaxinario, que como o noso propio, nin é un planeta para nenos, nin é un planeta para adultos, simplemente é un planeta que ben podería ser visto pola mirada inocente dos primeiros ou a trastornada e enfermiza visión dos segundos.
Disfrutadeo desde o punto de vista que queirades.
PLANETA MINCHA NA TVG
Mañá, xoves 10 de xuño serei entrevistado no programa matinal da TVG para falar deste proxecto e desvelar dalgúns do seus misterios sen resolver, ou non. A cita será a eso das 11:10.
Espérovos ao outro lado da pantalla.
martes, 4 de mayo de 2010
PLANETA MINCHA NA REVISTA "DOS VECES BREVE"
Esta semán sae a venta o nº21 da revista "Dos Veces Breve", onde aparecerán dúas entregas da miña serie Planeta Mincha Xeográfico, que anteriormente foran publicadas en galego na revista Viralatas. A revista presenta un número moi completo onde aparecerán tamén historietas de: Jorge García y Andrés G. Leiva, Ken Niimura, Luciano Saracino e Infame & Co., Diego Blanco, José Pablo, Pedro Osés, Rafa Infantes, P. Álex, Joaquín Resano y Simonides y Álex Romero y Lola Sánchez.Non deixedes de mercala.
Dos Veces Breve nº 21
52 páginas Color y blanco y negro
Rústica 30 x 21,5 cm
PVP: 5,95 €
lunes, 26 de abril de 2010
MARCAPÁXINAS PLANETA MINCHA
A AGPI ven de editar unha colección de marcapáxinas de autores galegos de título E ATA AQUI PODO LER...O meu deseño é un fragmento dunha das ilustracións do primeiro libro da colección Diario de Pichük, ambientada no meu universo particular "Planeta Mincha" e que se poderá mercar nas librarías en cousa de poucos días.
Estes marcapáxinas xa se estiveron distribuíndo na Feira de Boloña e tamén na do libro que se celebrou a pasada semán en A Coruña.
Por certo, a frase que aparece no centro do marcapáxinas está escrita en idioma hirflö, un dos idiomas oficiais do Planeta Mincha. Que quererá dicir?
jueves, 22 de abril de 2010
CALENDARIO DA FUNDACIÓN CEO

Maio é o mes das frores e pensei nesta metáfora visual protagonizada por unha pequena familia de ananos.
Os calendarios quedaron moi ben impresos e tamén fixeron unha edición de láminas con cada ilustración. Este tipo de proxectos sempre son agradecidos aínda que xusto sendo un calendario me chegase fora de data polo que desde aquí quero darlle as grazas a David por convidarme a colaborar.
Os calendarios quedaron moi ben impresos e tamén fixeron unha edición de láminas con cada ilustración. Este tipo de proxectos sempre son agradecidos aínda que xusto sendo un calendario me chegase fora de data polo que desde aquí quero darlle as grazas a David por convidarme a colaborar.
lunes, 8 de marzo de 2010
DO A AO Z CON CASTELAO




Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.O libro pertence a unha colección de Everest que pon as voces de escritores clásicos nas doutros contemporáneos. Neste caso tiven o pracer de ilsutrar por segunda vez a Concha Blanco coa que xa traballei en conxunto na novela Nano.
Do A ao Z con Castelao, contén 23 textos ilustrados, un por cada letra, artellados todos arredor de palabras significativas na vida e obra de Castelao. Para mín foi un exercicio de estilo no que intentei buscar a sinxeleza e a síntese xa que ese era unha das ferramentas básicas do autor cando facía ilustración. Cabe dicir que a liberdade creativa que me ofrece Everest cando traballo con eles é unha das maiores axudas que pode recibir un creador porque cando un traballa limitado por esixencias artísticas polo xeral ese reflictese negativamente nos resultados.
A creación canto máis libre e con menos prexuizos, máis favorecida.
Espero que o meu traballo sexa todo o digno que merece a ocasión e máis cando os textos de Concha Blanco son fantásticos e amosan o seu bo coñecemento sobre a obra deste xenio de Rianxo.
jueves, 4 de marzo de 2010
jueves, 25 de febrero de 2010
lunes, 15 de febrero de 2010
martes, 19 de enero de 2010
PREMIO PARA "CHAMÁDEME SIMBAD"

.jpg)
Estes días a web Fervenzas Literarias, un dos lugares de referencia no que á literatura galega se refire, facía públicos os resultados das votacións dos seus lectores e lectoras á pregunta de cales foran os mellores libros do ano pasado. Chámademe Simbad, ilustrada por mín sobre un precioso texto de Francisco Castro levou o premio para o mellor libro infantil.
Ademáis a cuberta do libro quedou de cuarta no apartado de mellor cuberta e eu de quinto na selección dos mellores ilustradores de 2009. É o segundo libro que ilustra de Francisco Castro e xa nao anterior (Un bosque cheo de faias) lle derán o premio Frai Martín Sarmiento. Os dous premios os otorgan os lectores e creo que é de agradecer que sexan eles mesmos os que elexiran estes libros.
A verdade é que non me esperaba nada isto ou sexa que hoxe teño motivos para estar contento e tamén unha boa excusa para colgar algo no blog porque o tiña abandonado desde hai uns meses.
miércoles, 21 de octubre de 2009
CARTEL TALLERES DE TEATRO SAN&SAN
viernes, 16 de octubre de 2009
CONTOS PARA FALAR

Xa está en marcha a campaña de dinamización do galego Contos para falar, de editorial Edebé. A campaña levará por máis de cincuenta escolas galegas un espectáculo con música e contos e eu fun o encarregado de facela imaxe do proxecto. Cartelería, lonas e deseño dun cd que leva a bso do proxecto. A música corre a cargo do meu colega Fernando Esclusa que é tamén un dos produtores da campaña.martes, 22 de septiembre de 2009
ESTA É A MIÑA FAMILIA


Estas son varias imaxes e a cuberta do album infantil que se distribue a partir de esta mesma semán. Esta é a miña familia é un conto didactico para nenos de 3 anos en adiante que trata sobre a integración dos diferentes modelos familiares. Esta escrito pola miña colega Pupi e editado por Everest Galicia. Un libro aberto para que os máis novos aprendan a construir un mundo mellor e sen diferencias sociais.martes, 28 de julio de 2009
VIII FESTIVAL MANICÓMICOS
De novo me pediron un cartel os colegas manicómicos, esta vez para o seu VIII Festival e tamén un deseño de camisetas para vender durante o festival. Pedíronme que xogase coa Torre de Hércules que este ano está máis de moda que nunca por acadar o título de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Aí a tedes facendo malabares coa caveira e osos de Xerión que comparten espazo con ela no escudo local de A Coruña. É a enésima vez que me encargan algún traballo onde salga a torre nos anos que levo traballando e a dicir verdade, cada vez que a fago sae algo diferente.

miércoles, 22 de julio de 2009
SINATURA DE EXEMPLARES NA FEIRA MEDIEVAL DE CORUÑA
martes, 21 de julio de 2009
CARTEL NOITE DE CINE 2009

Xa está na rúa o cartel de Noite de Cine 2009. Andará por diferentes vilas de Galicia durante o resto do verán. Este ano adican o ciclo a Darwin e os colegas de IB Cinema pedíronme a reutilización da ilustración da Casa das Ciencias da Coruña que fixera para a colección de láminas de La Opinión. Esta é a adaptación a cartel.
jueves, 16 de julio de 2009
VAI DE CAMIÑO
lunes, 13 de julio de 2009
HOMENAXE DE SANTY A "OS LOBOS DE MOECHE"
Onte domingo, tarde de choiva, estaba tomando un cafeliño a media tarde polo mundo adiante e díxenlle a miña moza: "vou a botarlle unha ollada a La Opinión, a ver que viñeta fixo hoxe Santy". E sen ningunha outra pretensión, tan só coa intención de ver a viñeta diaria do meu colega, collín o xornal na barra. E casualidades da vida, atopeime cunha gran sorpresa, nada máis e nada menos que a viñeta que acompaña esta entrada, adicada a un servidor e recomendando a lectura do meu album. Graciñas, Santy, por alegrarme a tarde de choiva e sobre todo pola túa amizade. Eu tamén aconsello que non deixedes de ler as súas divertidas viñetas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








