lunes, 8 de marzo de 2010

DO A AO Z CON CASTELAO






Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.
O libro pertence a unha colección de Everest que pon as voces de escritores clásicos nas doutros contemporáneos. Neste caso tiven o pracer de ilsutrar por segunda vez a Concha Blanco coa que xa traballei en conxunto na novela Nano.
Do A ao Z con Castelao, contén 23 textos ilustrados, un por cada letra, artellados todos arredor de palabras significativas na vida e obra de Castelao. Para mín foi un exercicio de estilo no que intentei buscar a sinxeleza e a síntese xa que ese era unha das ferramentas básicas do autor cando facía ilustración. Cabe dicir que a liberdade creativa que me ofrece Everest cando traballo con eles é unha das maiores axudas que pode recibir un creador porque cando un traballa limitado por esixencias artísticas polo xeral ese reflictese negativamente nos resultados.
A creación canto máis libre e con menos prexuizos, máis favorecida.
Espero que o meu traballo sexa todo o digno que merece a ocasión e máis cando os textos de Concha Blanco son fantásticos e amosan o seu bo coñecemento sobre a obra deste xenio de Rianxo.

jueves, 4 de marzo de 2010