jueves, 20 de diciembre de 2012

MAÑÁN VENRES PUNTO E FINAL!!

A partir das 19:30 horas estarei en ALITA desvelando a verdadeira chave da profecía maya !!

domingo, 9 de diciembre de 2012

CHARLAS SOBRE O PROXECTO "TORRE DOS MOUROS"


Esta semán quedan por diante un par de citas interesantes. A primeira na biblioteca Anxel Casal de Santiago e a segunda a barferencia no Pub Dublín, na Coruña, con expo incluída. Este comic-book non é máis que un pequeno escaparate de todo o que hai detrás do Proxecto Torre dos Mouros, sen dúbida un achado de gran valía de cara a comprender unha época da que a día de hoxe a información segue a ser escasa en Galicia.
Estou seguro de que os que pasedes polas actividades programadas non vós iredes decepcionados porque imos a compartir con todos cada detalle desta estupenda aventura na que conflúen historia, arqueoloxía, xornalísmo e banda deseñada.

Datas e horas na anterior entrada ;-)

martes, 27 de noviembre de 2012

DATAS DE PRESENTACIÓN DE "A TORRE DOS MOUROS"


VENRES, 30 DE NOVEMBRO: Carnota. 
Salón de Actos do Concello ás 19:30 horas. Presentación dos resultados da Campaña 2012 e da BD de Manel Cráneo. 

XOVES, 13 DE DECEMBRO. Santiago de Compostela. 
Biblioteca Ánxel Casal ás 20 horas. Presentación da BD de Manel Cráneo. 

VENRES, 14 DE DECEMBRO. A Coruña. 
Pub Dublín ás 18:30 horas. Barferencia sobre a Torre dos Mouros con presentación da BD e exposición de orixinais do cómic, a mostra manterase do 14 de decembro ao 15 de febreiro.


martes, 23 de octubre de 2012

A TORRE DOS MOUROS

Aí van dúas páxinas do meu novo cómic-book que sairá publicado en cuestión de días por Demo Editorial.
"A Torre dos Mouros" é un proxecto que me ten enganchado desde o primeiro momento no que Manuel Gago me propuxo participar. Creo tamén que é un proxecto sen precedentes en Galicia, no que a través dunha historia de ficción, con personaxes anónimos, se manifesta mediante o cómic unha hipótese histórica e arqueolóxica sobre o posible uso desta fortaleza. Un lugar que agocha certos enigmas en torno á súa estrutura arquitectónica. O lugar, parece lembrar algúns aspectos da cultura castrexa máis con outras características diferenciadoras que fan que o equipo técnico se decantase por situala na alta idade media.
Aínda que estamos a falar dunha publicación nun formato estilo comic-book, moi curta, de 12 páxinas, creo que serán 12 páxinas intensas onde intentei fiar coa ficción unha reconstrucción do que podería albergar no seu tempo este xacemento.

Se che interesa o asunto podes obter máis información no propio blog de Manuel Gago, o meu asesor histórico neste proxecto xunto ao arqueólogo Antón Malde. Con eles hei recoñecer que disfrutei en grande ao longo deste proceso creativo e me facilitaron pautas fundamentais para conseguir facer unha pequena historia fundamentada, como eu procuro sempre, na busqueda da coherencia e no intento de comprensión, neste caso, de como era o funcionamento social dunha época onde as fronteiras de Galicia lindaban coa ameza pagana dos vikingos polo norte e a musulmana polo sul.
Un momento, delicado, no que o cristinianismo peninsular tiña o seu epicentrro en Compostela e polo tanto esta era un tesouro ambiciado por uns e por outros.
Unha Galicia que vivía en liberdade pero coa fraxilidade de estar entrambas ameazas. O auténtico protagonista desta historia é o propio pobo de Lira, ubicado nesta fronteira cultural, social e relixiosa e polo tanto exposta aos máis terribles perigos.

Máis info no blog de Manuel Gago, na web de Torre dos Mouros e no propio de Demo Editorial.


sábado, 4 de agosto de 2012

SOBRE A EXPO "ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA"

Onte ás 20:00h inaugurouse a miña expo Estampas do Planeta Mincha na galería 9the13 (Rúa Tabernas, nº9, A Coruña) que permanecerá todo o mes de agosto.
Estou moi agradecido a todos os que pasastes por alí. Houbo un momento no que había alí tantos colegas que nun momento casi imaxinei que estaba presente no meu propio sepelio.
Fora o que fora, recibín unhas cantas frores, e iso non vexades os ánimos que da para seguir adiante nesta profesión tan dura e de longo percorrido, onde todo custa gran esforzo.

ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA
Trátase dunha mostra con 41 pezas, feitas practicamente todas en exclusiva para esta ocasión. As pezas están todas á venta. Esta actividade supón entrar nun novo ámbito con este proxecto multidisciplinar, como é o da galería de arte, grazas ao convite dos galeristas Alberto Cartón e Mol.

Que podedes ver na exposición:
- 18 retratos de habitantes do Planeta Mincha, realizados con temperas, acrílicos, lápiz e tinta sobre papel.
- 20 ilustracións ambientais que reflicten diferentes aspectos e lugares do planeta, realizadas con lápiz, tinta e cor dixital e impresas sobre papel fotográfico de alta calidade.
- Unha ilustración de 50x70 cunha escolma de roböts homologados (excepto un que non pasou a homologación)
- 2 roböts pintados con acrílico sobre estructuras de cartón.
- Un diaporama cunha selección de imaxes da propia exposición e de tres dos meus libros da serie Diario de Pichük, editados por Everest. Sonorizado con música mincha da miña propia sinatura.


Espero que os que pasedes pola mostra este mes disfrutedes dela e que a xente se anime a invertir nalgún dos meus orixinais. Aos que xa o fixestes aproveito tamén para dárvolas grazas ;-)


domingo, 22 de julio de 2012

"COUSAS DE MORTOS" Á VENTA EN AGOSTO


O luns 6 de agosto sae á venta o meu novo album de banda deseñada: "Cousas de mortos". Unha recopilación cunha escolma de historias de esqueletes, editada por Demo Editorial. Xa tiña ganas de coller parte deste material e xuntalo dalgún xeito. Agora xa podo dicir destas historias esquecidas polas páxinas de múltiples revistas en fanzines. Descanse en Paz!

jueves, 17 de mayo de 2012

UNHA TARDE EN MARINEDA

Había tempo que non facía unha entrada no blog. Que o día teña 24 horas non da para moito.
Estas son as dúas primeiras páxinas de 6 que ten a historia "Unha tarde en Marineda". que aparecerá publicada no derradeiro número do fanzine "Sen ánimo de Lucro". Unha pequena bd de intriga ambientada nunha hipotética Coruña de finais dos 60´s.
Qué como remata?
Pois haberá que buscalo fanzine e mercalo... ;-)





miércoles, 22 de febrero de 2012

CHOLO-PICHÜK de Andrés Meixide

Tiña pendente subir este debuxo de Cholo, o porco máis famoso de Galicia, que debuxa cada día o meu amigo Andrés Meixide nas tiras de humor de Thom, no xornal La Voz de Galicia.
cad vez que veo a súa versión de Cholo-Pichük, resúltame difícil sacar o sorriso do rostro. Prometo devolverlle a Andrés a versión inversa, o Pichük-Cholo ;-)

jueves, 16 de febrero de 2012

DESDE O PLANETA MINCHA



Xa está en marcha a curtametraxe de animación ambientada no Planeta Mincha. Producida
pola produtora Mondotropo en colaboración con Demo Editorial e realizada en animación 2D. O conductor do capítulo será o coñecido científico do Ministerio de Ciencia Mincha, Pichük, protagonista tamén da serie de libros infantís Diario de Pichük, con catro títulos xa editados por Everest e outros novos en marcha. Demo editorial editará tamén ao longo deste ano a novela gráfica "Destino Hergüss" na que tamén aparece Pichük tempo antes de converterse en ciéntifico de sona.

A marca Planeta Mincha está estudando ademáis destes, outros formatos para amosar o que acontece neste particular planeta de infinitas posibilidades dos que ao longo deste mesmo ano haberá máis novidades.

A figuriña das fotos está realizada por Laura Cubeiro para o estudo de volumenes do personaxe.