Mostrando entradas con la etiqueta OS LOBOS DE MOECHE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OS LOBOS DE MOECHE. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de julio de 2009

SINATURA DE EXEMPLARES NA FEIRA MEDIEVAL DE CORUÑA


Seguimos coa promoción do album e parece que aínda queda leria para rato. Mañá asinarei exemplares de Os Lobos de Moeche na Feira Medieval da Coruña e este fin de semana sairá publicada unha entrevista que me fixo o colega Camilo Franco para o xornal La Voz de Galicia. Os lobos siguen oubeando.

lunes, 13 de julio de 2009

HOMENAXE DE SANTY A "OS LOBOS DE MOECHE"

Onte domingo, tarde de choiva, estaba tomando un cafeliño a media tarde polo mundo adiante e díxenlle a miña moza: "vou a botarlle unha ollada a La Opinión, a ver que viñeta fixo hoxe Santy". E sen ningunha outra pretensión, tan só coa intención de ver a viñeta diaria do meu colega, collín o xornal na barra. E casualidades da vida, atopeime cunha gran sorpresa, nada máis e nada menos que a viñeta que acompaña esta entrada, adicada a un servidor e recomendando a lectura do meu album. Graciñas, Santy, por alegrarme a tarde de choiva e sobre todo pola túa amizade. Eu tamén aconsello que non deixedes de ler as súas divertidas viñetas.

viernes, 10 de julio de 2009

OS LOBOS DE MOECHE NA FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS


Mañá asinarei exemplares de Os Lobos de Moeche na Feira Medieval de Betanzos as 18:00 da tarde, no stand da libraría O desván de Andrea. Betanzos é unha das vilas nas que está ambientada a miña historia xa que foi un dos eixos principais da revolta irmandiña de 1467. Ademáis, a de Betanzos, é unha das feiras medievais máis prestixiosas de Galicia e a vila conserva aínda moitois elementos medievais, algúns deles reflexados no meu cómic como o convento de San Francisco, outros perdéronse. Nesta viñeta fixen unha hipotética reconstrucción da entrada da vila que hoxe en día xa non conserva este aspecto amurallado.

sábado, 2 de mayo de 2009

A OUTRA CARA DE LOPO E MARTÍN DE FERREIRA

Estiven todo o mes de abril facendo presentacións e aínda queda algunha máis por concertar. A verdade e que paseino pipa estes días encontrándome cunha morea de xente, amigos e tamén moitos descoñecidos que se foron achegando ás presentacións. Tamén quero destacar o trato que me brindaron os amigos libreiros, sentínme en cada unha das presentacións como na miña propia casa.
Na presentación de Vigo, na libraría Banda Deseñada, achegouse o meu amigo e compañeiro de profesión Alberto Turuto e deume o album para que llo asinase. Cando o abrín encontreime con este debuxo dentro. Unha grata sorpresa que quero compartir aquí. A primeira versión de Lopo e Martín de Ferreira feita por outra man.
A verdade é que o album esta funcionando mellor do que eu esperaba e despois da acollida que esta recibindo non poido máis que expresar a miña satisfacción e agradecemento a todos os que o mercades e me facedes chegar os vosos comentarios e críticas.
GRACIÑAS!!

jueves, 2 de abril de 2009

Os Lobos de Moeche na FNAC

¡¡Hoxe as sete e media primeira presentación de Os Lobos de Moeche na FNAC!! Máis información e extras do album no blog da editorial http://demoeditorial.blogspot.com

martes, 17 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE II


Un pequeno avance do meu novo album Os Lobos de Moeche. No blog da editorial xa se pode ver un primeiro trailer e ata o día de salida do cómic teredes un novo fondo de escritorio cada semana. Ademáis veredes aí as novedades que se vaian producindo. Espero que guste.

sábado, 7 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE


O vindeiro mes de marzo, sale a rúa Os Lobos de Moeche. É a miña primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixen en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a miña única obra en formato longo.
Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial "Demo" en colaboración coa entidade Euroeume.
Facía moitos anos, máis de dez, que quería afrontar unha obra de cómic que tivese como transfondo as guerras irmandiñas pero os traballos alimenticios para chegar a fin de mes e outras circunstancias da vida non permitiron que me sentase a escribir un guión ata o pasado mes de decembro. Teño a sorte de que este tema seguía virxe no mundo da historieta a pesares de ter moitísima forza e atractivo.
Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, estou moi contento de dar este novo pasiño, e sobre todo espero que non teñan que pasar outros 16 anos para que a vida me permita o capricho de realizar un novo album en solitario.
Máis información: http://demoeditorial.blogspot.com/