Xa anda polas rúas o cartel coa ilustración que fixen para o concerto VAI DE CAMIÑO que terá lugar este venres e sábado no parque de Sta Margarita.jueves, 16 de julio de 2009
VAI DE CAMIÑO
Xa anda polas rúas o cartel coa ilustración que fixen para o concerto VAI DE CAMIÑO que terá lugar este venres e sábado no parque de Sta Margarita.lunes, 13 de julio de 2009
HOMENAXE DE SANTY A "OS LOBOS DE MOECHE"
Onte domingo, tarde de choiva, estaba tomando un cafeliño a media tarde polo mundo adiante e díxenlle a miña moza: "vou a botarlle unha ollada a La Opinión, a ver que viñeta fixo hoxe Santy". E sen ningunha outra pretensión, tan só coa intención de ver a viñeta diaria do meu colega, collín o xornal na barra. E casualidades da vida, atopeime cunha gran sorpresa, nada máis e nada menos que a viñeta que acompaña esta entrada, adicada a un servidor e recomendando a lectura do meu album. Graciñas, Santy, por alegrarme a tarde de choiva e sobre todo pola túa amizade. Eu tamén aconsello que non deixedes de ler as súas divertidas viñetas.viernes, 10 de julio de 2009
OS LOBOS DE MOECHE NA FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS

Mañá asinarei exemplares de Os Lobos de Moeche na Feira Medieval de Betanzos as 18:00 da tarde, no stand da libraría O desván de Andrea. Betanzos é unha das vilas nas que está ambientada a miña historia xa que foi un dos eixos principais da revolta irmandiña de 1467. Ademáis, a de Betanzos, é unha das feiras medievais máis prestixiosas de Galicia e a vila conserva aínda moitois elementos medievais, algúns deles reflexados no meu cómic como o convento de San Francisco, outros perdéronse. Nesta viñeta fixen unha hipotética reconstrucción da entrada da vila que hoxe en día xa non conserva este aspecto amurallado.
jueves, 25 de junio de 2009
PLANETA MïNCHA
Regresa Planeta Mincha, a miña serie de cómic documental de ciencia-ficción. Despois do desaparecido magazine Caña, a serie arranca de novo cunha entrega mensual na nova revista Viralatas, de distribución gratuita para toda Galicia. O blog oficial do Ministerio de Ciencia Mincha complementa a serie con información adicional sobre o planeta. 

domingo, 14 de junio de 2009
BUSCANDO OUTRAS COUSAS
Hai uns meses estiven a facer probas, buscando novos rexistros de debuxo para libro infantil. Sairon cousas deste tipo, algo moi cercano en estilo ao que será o meu primeiro album ilustrado para os máis novos e que sairá dentro deste mesmo ano publicado por Everest e sobre un texto da miña colega Cristina González (Pupi).
domingo, 17 de mayo de 2009
lunes, 4 de mayo de 2009
CHAMÁDEME SIMBAD
Xa está na rúa Chamádeme Simbad, unha novela que ilustrei para Galaxia e que está escrita por Francisco Castro. É a nosa segunda colaboración xuntos, antes foi Un bosque cheo de faias (Everest). As dúas novelas teñen transfondo social, o racismo e o alzheimer. Polo xeral, síntome moi cómodo e sobre todo útil cando me tocan traballos deste tipo por todo o que realmente significan. Ademáis foi un pracer traballar de novo con Francisco.
sábado, 2 de mayo de 2009
A OUTRA CARA DE LOPO E MARTÍN DE FERREIRA
Estiven todo o mes de abril facendo presentacións e aínda queda algunha máis por concertar. A verdade e que paseino pipa estes días encontrándome cunha morea de xente, amigos e tamén moitos descoñecidos que se foron achegando ás presentacións. Tamén quero destacar o trato que me brindaron os amigos libreiros, sentínme en cada unha das presentacións como na miña propia casa.Na presentación de Vigo, na libraría Banda Deseñada, achegouse o meu amigo e compañeiro de profesión Alberto Turuto e deume o album para que llo asinase. Cando o abrín encontreime con este debuxo dentro. Unha grata sorpresa que quero compartir aquí. A primeira versión de Lopo e Martín de Ferreira feita por outra man.
A verdade é que o album esta funcionando mellor do que eu esperaba e despois da acollida que esta recibindo non poido máis que expresar a miña satisfacción e agradecemento a todos os que o mercades e me facedes chegar os vosos comentarios e críticas.
GRACIÑAS!!
jueves, 30 de abril de 2009
lunes, 13 de abril de 2009
viernes, 3 de abril de 2009
jueves, 2 de abril de 2009
Os Lobos de Moeche na FNAC
¡¡Hoxe as sete e media primeira presentación de Os Lobos de Moeche na FNAC!! Máis información e extras do album no blog da editorial http://demoeditorial.blogspot.com
jueves, 26 de febrero de 2009
VII FESTIVAL MANICÓMICOS
Rematei esta mesma tarde o cartel do VII Festival Manicómicos de teatro, este ano a gala terá tono rockanroleiro e estará amenizada pola banda Rockers Go To Hell. Entre os participantes deste ano estará o gran Pepe Viyuela ademáis dos colegas San&saN e outras compañías de primeira liña. A cousa promete.
martes, 17 de febrero de 2009
OS LOBOS DE MOECHE II
jueves, 12 de febrero de 2009
MAKE IT WORST
Make it worst é o videoclip da banda Meu para o que fixen a dirección artística e tamén os deseños das animacións. Había poucos medios para facelo pero aínda así penso que quedou un producto digno.
sábado, 7 de febrero de 2009
OS LOBOS DE MOECHE

O vindeiro mes de marzo, sale a rúa Os Lobos de Moeche. É a miña primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixen en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a miña única obra en formato longo.
Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial "Demo" en colaboración coa entidade Euroeume.
Facía moitos anos, máis de dez, que quería afrontar unha obra de cómic que tivese como transfondo as guerras irmandiñas pero os traballos alimenticios para chegar a fin de mes e outras circunstancias da vida non permitiron que me sentase a escribir un guión ata o pasado mes de decembro. Teño a sorte de que este tema seguía virxe no mundo da historieta a pesares de ter moitísima forza e atractivo.
Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, estou moi contento de dar este novo pasiño, e sobre todo espero que non teñan que pasar outros 16 anos para que a vida me permita o capricho de realizar un novo album en solitario.
Máis información: http://demoeditorial.blogspot.com/
Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial "Demo" en colaboración coa entidade Euroeume.
Facía moitos anos, máis de dez, que quería afrontar unha obra de cómic que tivese como transfondo as guerras irmandiñas pero os traballos alimenticios para chegar a fin de mes e outras circunstancias da vida non permitiron que me sentase a escribir un guión ata o pasado mes de decembro. Teño a sorte de que este tema seguía virxe no mundo da historieta a pesares de ter moitísima forza e atractivo.
Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, estou moi contento de dar este novo pasiño, e sobre todo espero que non teñan que pasar outros 16 anos para que a vida me permita o capricho de realizar un novo album en solitario.
Máis información: http://demoeditorial.blogspot.com/
viernes, 12 de diciembre de 2008
A CORUÑA MIRADA CON ARTE
Onte o xornal La Opinón agasallou aos seus lectores coa derradeira lámina da colección A Coruña mirada con Arte na que participamos catro ilustradores, cunha ilustración semanal cada un de luns a xoves e durante un mes. Os compañeiros de aventura foron os colegas Fernando Llorente, Marcos Calo e Santy Gutiérrez. O resultado desta colección se alonxa bastante da típica serie de láminas que aparecen polo xeral cos xornais xa que non están feitas desde unha perspectiva técnica clásica como o debuxo artístico, a litografía, etc; senón desde a mirada da ilustración. As que fixen eu son dalgunha maneira unha pequena mostra dalgúns lugares e zonas da cidade herculina que dalgunha maneira están ligados as miñas raices coruñesas. Aínda que non se repartiron seguindo un orde cronolóxico, as miñas terían este:
A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.
O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.
A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.
O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.miércoles, 3 de diciembre de 2008
RASPIÑA

A de arriba é Raspiña, unha mascota que fixen fai varios anos para a campaña UhMMM PEIXE!, da Consellería de Pesca. Se usa para ensinar aos nenos a comer peixe nos comedores escolares. A imaxe de abaixo era unha das moitas outras versións previas que fixen e que non saíron. Se digo que houbo unhas 30 ou 40 versións da mascota ata chegar ao resultado final igual me quedo curto. A emprexa Péxego foi a encargada de facer as diferentes aplicacións da mascota, entre elas un dvd interactivo con algunhas animacións didácticas.lunes, 10 de noviembre de 2008
Sigo a recuperar vellos carteis, este foi para o concerto de Canto de Autor por Galicia durante a marea negra do Prestige e con deseño dos colegas da empresa Sysyvisions. A verdade e que foi moi emotivo facer un cartel para un elenco de luxo e sobre todo polo significado reivindicativo e o que este concerto supuña dentro das movilizacións sociais que se produciron en torno a esta catástrofe medioambiental.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










