






Esta é a imaxe de cuberta para o número da revista Biblos que pecha este ano. Cando me pediron que a fixese, pensei que podería quedar bonito rendirlle homenaxe a Stevenson no ano do 160 aniversario e xa postos á literatura de piratas e máis concretamente a algúns libros que me gustaron deste xenero e doutros. De ai este especial tesouro que nunha illa deserta ben vale máis que un feixe de moedas de ouro.


Tiña pendente falar, desde hai un tempo da segunda entrega da serie Diario de Pichük, ambientada no Planeta Mincha. Despois dun album iniciático onde se presenta a Pichük ("Quen é Pichük"), o segundo título "As minchas de Aridöndia" supón o relato que este científico hirflö nos conta sobre a súa investigación en Aridöndia, onde estudou o comportamento da especie que lle da nome ao seu planeta, as minchas de Aridöndia.Como se pode comprobar, non todo vai a ser debuxar, un pouco de traballo físico axuda a baixar da nube na que vivimos os tolos da creatividade. E así fixemos a miña amiga Almudena Aparicio e máis eu nesta cadea de montaxe de catálogos da AGPI. Para que así conste aí vai este pequeno e delirante microfilm que non puido producir Spielberg porque a semán que o fixemos tiña a gripe A.
Os catálogos, en forma de pantonario feito con pmarcapáxinas, poderánse adquirir no stand da AGPI, durante o Viñetas desde o Atlántico, a vindeira semán e todas as ilustracións que conteñen, forman parte xa dunha exposición inaugurada hai un par de días na Sala Municipal de Durán Loriga en A Coruña. Permanecerá ata finais deste mes.


Para celebralo Día Internacional do Libro Infantil, GALIX, en colaboración coa Xunta fai tódolos anos unha campaña promocional editando dous libros para diferentes sectores de idade. A colección chámase lagarto Pintado e úsase para agasallar a todos aqueles que mercan un libro ese día.
Xa están nas librarías os dous primeiros títulos da colección Diario de Pichük, ambientadas no meu universo particular Planeta Mincha. O primeiro libro presenta a Pichük, un científico destinado a adicala súa vida a investigar as diferentes especies do seu peculiar planeta.PLANETA MINCHA NA TVG
Mañá, xoves 10 de xuño serei entrevistado no programa matinal da TVG para falar deste proxecto e desvelar dalgúns do seus misterios sen resolver, ou non. A cita será a eso das 11:10.
Espérovos ao outro lado da pantalla.
Esta semán sae a venta o nº21 da revista "Dos Veces Breve", onde aparecerán dúas entregas da miña serie Planeta Mincha Xeográfico, que anteriormente foran publicadas en galego na revista Viralatas. A revista presenta un número moi completo onde aparecerán tamén historietas de: Jorge García y Andrés G. Leiva, Ken Niimura, Luciano Saracino e Infame & Co., Diego Blanco, José Pablo, Pedro Osés, Rafa Infantes, P. Álex, Joaquín Resano y Simonides y Álex Romero y Lola Sánchez.
A AGPI ven de editar unha colección de marcapáxinas de autores galegos de título E ATA AQUI PODO LER...




Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.
.jpg)

Xa está en marcha a campaña de dinamización do galego Contos para falar, de editorial Edebé. A campaña levará por máis de cincuenta escolas galegas un espectáculo con música e contos e eu fun o encarregado de facela imaxe do proxecto. Cartelería, lonas e deseño dun cd que leva a bso do proxecto. A música corre a cargo do meu colega Fernando Esclusa que é tamén un dos produtores da campaña.

Estas son varias imaxes e a cuberta do album infantil que se distribue a partir de esta mesma semán. Esta é a miña familia é un conto didactico para nenos de 3 anos en adiante que trata sobre a integración dos diferentes modelos familiares. Esta escrito pola miña colega Pupi e editado por Everest Galicia. Un libro aberto para que os máis novos aprendan a construir un mundo mellor e sen diferencias sociais.