jueves, 31 de marzo de 2011

DIARIO DE PICHÜK promo

Este é o video que realicei para a serie DiaRIo de PiChüK. Paseino pipa, especialmente facendo a música. Para setembro haberá dous novos títulos da colección no mercado. Ademáis, antes do remate deste ano sairá editada unha novela gráfica ambientada tamén no PläNeTä MÏNchA, titulada DesTinO HëRGüSS, con algunha que outra sorpresa incluída.

Este fin de semán presentarei o proxecto no festival da industria cultural galega ACHEGARTE, en PALEXCO (A Coruña). Por se alguén quere pasarse, a presentación é o sábado ás 13:45 h.

Por certo, o video pódese ver a máis resolución na canle de Demo Editorial en youtube.

Mïncha Mïncha Minchök!!!

martes, 1 de marzo de 2011

"CHAMÁDEME SIMBAD" NA LISTA DE HONRA DO IBBY

Moi de cando en vez e cando un non o espera, chegan boas novas. En tempos nos que hai que remar duro contra a crise e o traballo non abunda máis alá do horizonte dos cartos que axudan a pagar hipotecas, hai outros tesouros non pecuniarios máis dignos de ser encontrados, como o atopado na viaxe dalgún neno chamado Simbad.
Francisco Castro lanzou unha botella ao mar hai un tempo e convidoume a ilustrar as palabras que ían dentro, cousa que me encantou. Hoxe chamoume para dicirme que aquel libriño foi encontrado moi lonxe das augas galegas, cousa que me volveu a encantar, e agora está a salvo na Lista de Honra do IBBY para 2012.
Para mín é un libro moi especial xa que fala dunha enfermidade que no momento no que fixemos o libro, apareceu en alguén da miña propia familia. Alégrome de acompañar a Francisco neste libro que tan boas novas está dando. E alégrome de que o seu texto leve esta mención.

lunes, 28 de febrero de 2011

jueves, 27 de enero de 2011

EXPO OS LOBOS DE MOECHE NA CORUÑA

Mañán, venres 28 de xaneiro, inaugurase na Libraría ENDO (Rúa Entrepeñas, A Coruña) unha pequena mostra de reproduccións, lápices e tintas de pranchas do album Os Lobos de Moeche. Os cadros expostos estarán á venta, hai que buscar fórmulas para salvar a crise.
Ademáis vanse a proxectar varios videos relacionados có libro ademáis da típica sesión de sinaturas para que quen queira mercalo album e levalo customizado.
Non pensei que este album fose a dar tanto que falar cando o fixen. Todo o interese que levanta segue a ser un misterio para mín, iso si, un grato misterio.

martes, 28 de diciembre de 2010

A TORRE PIRATA

Ultimamente vivo rodeado de piratas, curiosamente os colegas manicómicos me encargaron este novo cartel para a súa Gala de Aniversario onde a temática principal serán os piratas. Esta vez a Torre de Hércules luce o seu lado máis salvaxe para anunciar o esxpectáculo que terá lugar o día 8.

viernes, 10 de diciembre de 2010

A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO




Estas son varias das ilustracións para o libro A CONTAR ESTRELAS NO CAMIÑO.
Trátase dun divertido texto para nenos escrito por Nati Borrajo que tiven o pracer de ilustrar este verán. A historia está relacionada coa conexión entre as estrelas e a tradición do camiño de Santiago. A publicación forma parte dunha campaña de promocional da Xunta de Galicia e está editado por Galaxia. A verdade é que foi un texto divertido de ilustrar xa que toda a acción transcorre nunha mesma noite e nun único sitio, o xardín dunha casa e iso deume certo xogo á hora de planificar as ilustracións. Tamén foi divertido darlle un tinte máxico ao conxunto engadindo algún elemento que complementa ao texto mediante un xogo que remata na contracuberta do libro.
O libro trae de agasallo un dvd que contén a curtametraxe O FILLO DO TRONO, da produtora FILMAX.

jueves, 2 de diciembre de 2010

CUBERTA REVISTA BIBLOS


Esta é a imaxe de cuberta para o número da revista Biblos que pecha este ano. Cando me pediron que a fixese, pensei que podería quedar bonito rendirlle homenaxe a Stevenson no ano do 160 aniversario e xa postos á literatura de piratas e máis concretamente a algúns libros que me gustaron deste xenero e doutros. De ai este especial tesouro que nunha illa deserta ben vale máis que un feixe de moedas de ouro.
Unha curiosidade desta ilustración, o pirata que aparece non é Long John Silver, non hai máis que fixarse na súa pata de pao para caer na conta de que este debe ser outro, igual ata navegaron xuntos, vai tí a saber.

jueves, 7 de octubre de 2010

DIARIO DE PICHÜK: AS MINCHAS DE ARIDÖNDIA

Tiña pendente falar, desde hai un tempo da segunda entrega da serie Diario de Pichük, ambientada no Planeta Mincha. Despois dun album iniciático onde se presenta a Pichük ("Quen é Pichük"), o segundo título "As minchas de Aridöndia" supón o relato que este científico hirflö nos conta sobre a súa investigación en Aridöndia, onde estudou o comportamento da especie que lle da nome ao seu planeta, as minchas de Aridöndia.
Estas son algunhas imaxes deste segundo libro da serie que esta sendo publicada por Everest e que vai destinada a lectores de 5 anos de idade en adiante. Agora mesmo xa teño escritas 8 entregas máis e espero que no primeiro trimestre de 2011 saian por fin publicados os dous seguintes libros.

miércoles, 4 de agosto de 2010

X FESTIVAL MANICÓMICOS

Xa están aquí de novo os colegas manicómicos có seu X festival. Paseino teta facendo este cartel circense para a edición de verán.

...E ATA AQUÍ PODO LER

Como se pode comprobar, non todo vai a ser debuxar, un pouco de traballo físico axuda a baixar da nube na que vivimos os tolos da creatividade. E así fixemos a miña amiga Almudena Aparicio e máis eu nesta cadea de montaxe de catálogos da AGPI. Para que así conste aí vai este pequeno e delirante microfilm que non puido producir Spielberg porque a semán que o fixemos tiña a gripe A.

Os catálogos, en forma de pantonario feito con pmarcapáxinas, poderánse adquirir no stand da AGPI, durante o Viñetas desde o Atlántico, a vindeira semán e todas as ilustracións que conteñen, forman parte xa dunha exposición inaugurada hai un par de días na Sala Municipal de Durán Loriga en A Coruña. Permanecerá ata finais deste mes.

sábado, 31 de julio de 2010

NOROESTE POPROCK 2010

Hai un ano fixen unha imaxe para o Concello de A Coruña que se utilizou para o cartel do concerto Rock no Camiño. Este ano pedíronme reutilizala para o Noroeste Pop Rock. Agora haberá que esperar un tempo xa que non hai dous sen tres.

miércoles, 14 de julio de 2010

NOITE DE CINE 2010

Por segundo ano consecutivo tocoume facer o cartel do ciclo de cine na Rúa Noite de Cine, organizado pola produtora Benedeti Cinema. 55 municipios galegos acolleran este ciclo de verán que este ano xira en torno a peliculas baseadas en libros con motivo da celebración do Ano da Lectura.

sábado, 10 de julio de 2010

LAGARTO PINTADO



Para celebralo Día Internacional do Libro Infantil, GALIX, en colaboración coa Xunta fai tódolos anos unha campaña promocional editando dous libros para diferentes sectores de idade. A colección chámase lagarto Pintado e úsase para agasallar a todos aqueles que mercan un libro ese día.
Este ano encargáronme a mín facer unha das cubertas, a do libro destinado a rapaces de 11 anos en adiante. Nesta ocasión comparto espazo con varios amigos porque un dos textos é do colega Francisco Castro e o imagotipo da colección e doutra persona á que lle teñó moito agarimo, Xan López Domínguez.

A idea que me plantexou Manolo Figueras, tamén colega e coordinador do invento, era facer a miña versión dun lagarto pintado e saliume esta criaturiña coa que quedei moi contento. Creo que a composición para a cuberta e contracuberta do libro funciona realmente ben e reflicte tamén o divertido que resultou facer este traballo.

miércoles, 9 de junio de 2010

DIARIO DE PICHÜK: QUEN É PICHÜK?

Xa están nas librarías os dous primeiros títulos da colección Diario de Pichük, ambientadas no meu universo particular Planeta Mincha. O primeiro libro presenta a Pichük, un científico destinado a adicala súa vida a investigar as diferentes especies do seu peculiar planeta.
Neste caso, as historias van destinadas ao público máis pequeno, a partir de 5 anos. Unha visión desde un prisma diferente das cousas que pasan neste planeta imaxinario, que como o noso propio, nin é un planeta para nenos, nin é un planeta para adultos, simplemente é un planeta que ben podería ser visto pola mirada inocente dos primeiros ou a trastornada e enfermiza visión dos segundos.
Disfrutadeo desde o punto de vista que queirades.

PLANETA MINCHA NA TVG
Mañá, xoves 10 de xuño serei entrevistado no programa matinal da TVG para falar deste proxecto e desvelar dalgúns do seus misterios sen resolver, ou non. A cita será a eso das 11:10.
Espérovos ao outro lado da pantalla.

martes, 4 de mayo de 2010

PLANETA MINCHA NA REVISTA "DOS VECES BREVE"

Esta semán sae a venta o nº21 da revista "Dos Veces Breve", onde aparecerán dúas entregas da miña serie Planeta Mincha Xeográfico, que anteriormente foran publicadas en galego na revista Viralatas. A revista presenta un número moi completo onde aparecerán tamén historietas de: Jorge García y Andrés G. Leiva, Ken Niimura, Luciano Saracino e Infame & Co., Diego Blanco, José Pablo, Pedro Osés, Rafa Infantes, P. Álex, Joaquín Resano y Simonides y Álex Romero y Lola Sánchez.
Non deixedes de mercala.
Dos Veces Breve nº 21
52 páginas Color y blanco y negro
Rústica 30 x 21,5 cm
PVP: 5,95 €

lunes, 26 de abril de 2010

MARCAPÁXINAS PLANETA MINCHA

A AGPI ven de editar unha colección de marcapáxinas de autores galegos de título E ATA AQUI PODO LER...
O meu deseño é un fragmento dunha das ilustracións do primeiro libro da colección Diario de Pichük, ambientada no meu universo particular "Planeta Mincha" e que se poderá mercar nas librarías en cousa de poucos días.
Estes marcapáxinas xa se estiveron distribuíndo na Feira de Boloña e tamén na do libro que se celebrou a pasada semán en A Coruña.
Por certo, a frase que aparece no centro do marcapáxinas está escrita en idioma hirflö, un dos idiomas oficiais do Planeta Mincha. Que quererá dicir?

jueves, 22 de abril de 2010

CALENDARIO DA FUNDACIÓN CEO


Por fin chegaron os calendarios da CEO. A finais do ano pasado unha agrupación de ONGs de Ourense encargoulle ao meu colega David Rubín que coordinase un calendario no que 12 ilustradores galegos fixesemos cada un dos meses do ano e o relacionasemos con outras tantas ONGs. A mín pedíronme que fixese o mes de maio con a Cruz Roja. Este foi o resultado.
Maio é o mes das frores e pensei nesta metáfora visual protagonizada por unha pequena familia de ananos.
Os calendarios quedaron moi ben impresos e tamén fixeron unha edición de láminas con cada ilustración. Este tipo de proxectos sempre son agradecidos aínda que xusto sendo un calendario me chegase fora de data polo que desde aquí quero darlle as grazas a David por convidarme a colaborar.

lunes, 8 de marzo de 2010

DO A AO Z CON CASTELAO






Castelao debería de ser para un ilustrador galego o que é deus para os cristiáns ou Buda par os budistas. Facer este libro foi un exercicio estupendo e supuxo para mín unha nova revisión ao mestre e a súa obra. Dalgún xeito tamén un rencontro con imaxes súas que marcaron dalgún xeito o meu camiño artístico.
O libro pertence a unha colección de Everest que pon as voces de escritores clásicos nas doutros contemporáneos. Neste caso tiven o pracer de ilsutrar por segunda vez a Concha Blanco coa que xa traballei en conxunto na novela Nano.
Do A ao Z con Castelao, contén 23 textos ilustrados, un por cada letra, artellados todos arredor de palabras significativas na vida e obra de Castelao. Para mín foi un exercicio de estilo no que intentei buscar a sinxeleza e a síntese xa que ese era unha das ferramentas básicas do autor cando facía ilustración. Cabe dicir que a liberdade creativa que me ofrece Everest cando traballo con eles é unha das maiores axudas que pode recibir un creador porque cando un traballa limitado por esixencias artísticas polo xeral ese reflictese negativamente nos resultados.
A creación canto máis libre e con menos prexuizos, máis favorecida.
Espero que o meu traballo sexa todo o digno que merece a ocasión e máis cando os textos de Concha Blanco son fantásticos e amosan o seu bo coñecemento sobre a obra deste xenio de Rianxo.

jueves, 4 de marzo de 2010

jueves, 25 de febrero de 2010

CARAPUCHIÑA "EN ROSE"




Xa está nas librarías Carapuchiña "en rose", un texto ameno e moi crítico de Anxela Gracián baseado no conto orixinal de carapuchiña bermella pero facendo alusión direita a un gran problema social que sufrimos constantemente, a violencia de xénero.