



Achégase en balsa pola baía da Coruña unha edición más do festival manicómico. Unha imaxe renovada e distinta, deixando algúns elementos de deseño dos carteis anteriores. O que máis me gusta de facer a imaxe deste festival é que comenzo a divertirme durante o proceso e cando remato o cartel aínda me quedan por diante todos os espectáculos. Un pracer poder facelo unha edición máis e cun sorriso na cara. Non vós perdades o festival.

Aí vai un dos traballos máis recentes. Un xogo de dinamización da lingua galega, editado por Demo para o Concello de A Coruña a través da Concellaría de Solidariedade, Mocidade e Normalización Lingüistica.
Un ano máis, os amigos de IB Cinema, confiáronme o cartel do ciclo de cinema de rúa "Noite de Cine", que organizan coa Deputación da Coruña. Neste caso o tema de fondo é o Mosteiro de Caaveiro, na Fraga do Eume, un entorno que está entre os meus rincóns naturais favoritos. De feito cando me suxeriu Ignacio Benedeti o tema, pareceume unha excusa estupenda para reencontrarme unha vez máis cun dos poucos lugares que quedan na provincia da Coruña onde atopar fauna e a flora autóctona. Xa está ben de tanto eucalipto!
Moi de cando en vez e cando un non o espera, chegan boas novas. En tempos nos que hai que remar duro contra a crise e o traballo non abunda máis alá do horizonte dos cartos que axudan a pagar hipotecas, hai outros tesouros non pecuniarios máis dignos de ser encontrados, como o atopado na viaxe dalgún neno chamado Simbad.



Esta é a imaxe de cuberta para o número da revista Biblos que pecha este ano. Cando me pediron que a fixese, pensei que podería quedar bonito rendirlle homenaxe a Stevenson no ano do 160 aniversario e xa postos á literatura de piratas e máis concretamente a algúns libros que me gustaron deste xenero e doutros. De ai este especial tesouro que nunha illa deserta ben vale máis que un feixe de moedas de ouro.


Tiña pendente falar, desde hai un tempo da segunda entrega da serie Diario de Pichük, ambientada no Planeta Mincha. Despois dun album iniciático onde se presenta a Pichük ("Quen é Pichük"), o segundo título "As minchas de Aridöndia" supón o relato que este científico hirflö nos conta sobre a súa investigación en Aridöndia, onde estudou o comportamento da especie que lle da nome ao seu planeta, as minchas de Aridöndia.Como se pode comprobar, non todo vai a ser debuxar, un pouco de traballo físico axuda a baixar da nube na que vivimos os tolos da creatividade. E así fixemos a miña amiga Almudena Aparicio e máis eu nesta cadea de montaxe de catálogos da AGPI. Para que así conste aí vai este pequeno e delirante microfilm que non puido producir Spielberg porque a semán que o fixemos tiña a gripe A.
Os catálogos, en forma de pantonario feito con pmarcapáxinas, poderánse adquirir no stand da AGPI, durante o Viñetas desde o Atlántico, a vindeira semán e todas as ilustracións que conteñen, forman parte xa dunha exposición inaugurada hai un par de días na Sala Municipal de Durán Loriga en A Coruña. Permanecerá ata finais deste mes.