Rematei esta mesma tarde o cartel do VII Festival Manicómicos de teatro, este ano a gala terá tono rockanroleiro e estará amenizada pola banda Rockers Go To Hell. Entre os participantes deste ano estará o gran Pepe Viyuela ademáis dos colegas San&saN e outras compañías de primeira liña. A cousa promete.
jueves, 26 de febrero de 2009
VII FESTIVAL MANICÓMICOS
Rematei esta mesma tarde o cartel do VII Festival Manicómicos de teatro, este ano a gala terá tono rockanroleiro e estará amenizada pola banda Rockers Go To Hell. Entre os participantes deste ano estará o gran Pepe Viyuela ademáis dos colegas San&saN e outras compañías de primeira liña. A cousa promete.
martes, 17 de febrero de 2009
OS LOBOS DE MOECHE II
jueves, 12 de febrero de 2009
MAKE IT WORST
Make it worst é o videoclip da banda Meu para o que fixen a dirección artística e tamén os deseños das animacións. Había poucos medios para facelo pero aínda así penso que quedou un producto digno.
sábado, 7 de febrero de 2009
OS LOBOS DE MOECHE

O vindeiro mes de marzo, sale a rúa Os Lobos de Moeche. É a miña primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixen en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a miña única obra en formato longo.
Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial "Demo" en colaboración coa entidade Euroeume.
Facía moitos anos, máis de dez, que quería afrontar unha obra de cómic que tivese como transfondo as guerras irmandiñas pero os traballos alimenticios para chegar a fin de mes e outras circunstancias da vida non permitiron que me sentase a escribir un guión ata o pasado mes de decembro. Teño a sorte de que este tema seguía virxe no mundo da historieta a pesares de ter moitísima forza e atractivo.
Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, estou moi contento de dar este novo pasiño, e sobre todo espero que non teñan que pasar outros 16 anos para que a vida me permita o capricho de realizar un novo album en solitario.
Máis información: http://demoeditorial.blogspot.com/

viernes, 12 de diciembre de 2008
A CORUÑA MIRADA CON ARTE
Onte o xornal La Opinón agasallou aos seus lectores coa derradeira lámina da colección A Coruña mirada con Arte na que participamos catro ilustradores, cunha ilustración semanal cada un de luns a xoves e durante un mes. Os compañeiros de aventura foron os colegas Fernando Llorente, Marcos Calo e Santy Gutiérrez. O resultado desta colección se alonxa bastante da típica serie de láminas que aparecen polo xeral cos xornais xa que non están feitas desde unha perspectiva técnica clásica como o debuxo artístico, a litografía, etc; senón desde a mirada da ilustración. As que fixen eu son dalgunha maneira unha pequena mostra dalgúns lugares e zonas da cidade herculina que dalgunha maneira están ligados as miñas raices coruñesas. Aínda que non se repartiron seguindo un orde cronolóxico, as miñas terían este:
A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.
O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.
A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.
O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.miércoles, 3 de diciembre de 2008
RASPIÑA

A de arriba é Raspiña, unha mascota que fixen fai varios anos para a campaña UhMMM PEIXE!, da Consellería de Pesca. Se usa para ensinar aos nenos a comer peixe nos comedores escolares. A imaxe de abaixo era unha das moitas outras versións previas que fixen e que non saíron. Se digo que houbo unhas 30 ou 40 versións da mascota ata chegar ao resultado final igual me quedo curto. A emprexa Péxego foi a encargada de facer as diferentes aplicacións da mascota, entre elas un dvd interactivo con algunhas animacións didácticas.lunes, 10 de noviembre de 2008
Sigo a recuperar vellos carteis, este foi para o concerto de Canto de Autor por Galicia durante a marea negra do Prestige e con deseño dos colegas da empresa Sysyvisions. A verdade e que foi moi emotivo facer un cartel para un elenco de luxo e sobre todo polo significado reivindicativo e o que este concerto supuña dentro das movilizacións sociais que se produciron en torno a esta catástrofe medioambiental.
jueves, 30 de octubre de 2008
HISTORIAS QUE CONTAN AS PAREDES
Esta é unha escolma con algunhas das imaxes que fixen para o libro de Ana María Fernández "Historias que contan as paredes", editado por Everest Galicia e que xa está sendo distribuido en librarías.Foi unha interesante experiencia enfocar o traballo utilizando diferentes tipos de paredes como tetigos mudos do que acontece na vida e que con tanta sensibilidade sabe contar Ana María.
Obviamente, as imaxes adquiren máis sentido ao ler os textos que acompañan.
miércoles, 29 de octubre de 2008
Sigo subindo carteis de antaño. Hai xente que renuncia ao seu pasado, a mín me gusta buscar no baúl dos recordos cousas que fixen fai anos para ver como vou evolucionando tecnicamente e non me importa amosalas. Este cartel fíxeno para o décimo aniversario do centro de Información Xuvenil hai 12 ou 13 anos. Desde entón as cousas cambiaron. Foi un dos primeiros chollos que fixen con ordenador. Os debuxos están feitos un por un sobre papel con acuarelas porque daquela aínda non controlaba o photoshop para colorear.Escaneei todos e maquetei no illustrator. O meu primeiro ordenador creo que tiña 128 megas de disco duro. renderizar o cartel de 50x70 levoume case toda unha noite. cada vez que salvaba un cambio me fumaba catro pitillos e tragaba dous cafés. Horripilante parto aínda que logo funcionou moi ben.
sábado, 6 de septiembre de 2008
viernes, 5 de septiembre de 2008
CORRELINGUA
sábado, 24 de mayo de 2008
MÁIS MIKI NERVIO
CUBERTA MIKI NERVIO
miércoles, 14 de mayo de 2008
viernes, 9 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)