Esta semán sae a venta o nº21 da revista "Dos Veces Breve", onde aparecerán dúas entregas da miña serie Planeta Mincha Xeográfico, que anteriormente foran publicadas en galego na revista Viralatas. A revista presenta un número moi completo onde aparecerán tamén historietas de: Jorge García y Andrés G. Leiva, Ken Niimura, Luciano Saracino e Infame & Co., Diego Blanco, José Pablo, Pedro Osés, Rafa Infantes, P. Álex, Joaquín Resano y Simonides y Álex Romero y Lola Sánchez.Non deixedes de mercala.
Dos Veces Breve nº 21
52 páginas Color y blanco y negro
Rústica 30 x 21,5 cm
PVP: 5,95 €













.jpg)


Xa está en marcha a campaña de dinamización do galego Contos para falar, de editorial Edebé. A campaña levará por máis de cincuenta escolas galegas un espectáculo con música e contos e eu fun o encarregado de facela imaxe do proxecto. Cartelería, lonas e deseño dun cd que leva a bso do proxecto. A música corre a cargo do meu colega Fernando Esclusa que é tamén un dos produtores da campaña.













