Un gusanöt avanza lentamente polo deserto de Aridöndia. Inconsciente dos perigos que este árido territorio pode ofrecer. Un deles é o ataque da coñecida "rodadeira de Aridöndia", o lampönak.
"O temible lampönak" é un dos dous novos libros ilustrados de Diario de Pichük que serán publicados por Everest Galicia a finais deste ano. O científico máis prestixioso do Planeta Mincha, regresa con dúas novas investigacións sobre a fauna do seu planeta . Dúas misións levadas a cabo nas rexións de Hëlüs e Aridöndia respectivamente, nas que unha vez máis poñera a súa vida en perigo por mor da súa curiosidade científica. Sempre xunto ao seu inseparable robot Riböt.




















Tiña pendente falar, desde hai un tempo da segunda entrega da serie Diario de Pichük, ambientada no Planeta Mincha. Despois dun album iniciático onde se presenta a Pichük ("Quen é Pichük"), o segundo título "As minchas de Aridöndia" supón o relato que este científico hirflö nos conta sobre a súa investigación en Aridöndia, onde estudou o comportamento da especie que lle da nome ao seu planeta, as minchas de Aridöndia.

